As túas promocións difundiránse a través da nosa rede online de márketing local, chegando a centos de subscriptores locais a través da web, o email e das redes sociais.
Tamén contarás cunha páxina para o perfil do teu negocio de forma permanente, posibilitando que outras persoas o coñezan mesmo unha vez rematada a túa campaña.
Recibirás clientes desde o mesmo día de publicación da túa promoción. A maioría serán novos clientes, que é posible que repitan se o teu servizo é de calidade.
Ademáis podes indicar os días nos que a promoción será válida, dese xeito podes conseguir clientes para os días que máis che interesen.
O noso modelo de negocio é a éxito, soamente cobramos unha moi pequena comisión por cada novo cliente conseguido; se non consigues novos clientes non pagas nada!
Ademáis, encargámonos de todo, desde o deseño da campaña ata o pagamento do servizo polo cliente.
Mellorar a afluencia de clientes entre semana, dar a coñecer un novo servizo, incentivar a compra dun produto... ti marcas o obxectivo.
Podes personalizar cada detalle da oferta, conseguindo os clientes que necesitas no momento en que os precisas.
Axudámosche a definir unha oferta á medida das túas necesidades.
Encargámonos do deseño final da campaña e identificamos ó público obxectivo para logo darlle difusión a través da nosa rede de márketing local.
Comezarás a recibir novos clientes nos días escollidos.
Os clientes realizan o pagamento na nosa plataforma e reciben a cambio un cupón canxeable no teu establecemento polo servizo/produto ofertado.
Buydeal é unha ferramenta de marketing medible.
Poderás seguir a evolución das túas campañas en tempo real, coñecendo en todo momento o número de servizos vendidos e o retorno acadado.